O profesor de física teórica da USC, investigador e divulgador científico José Edelstein é o próximo convidado ao ciclo Contando Ciencia, que organiza a Biblioteca “O Segrel do Penedo” do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino. A cita será este xoves, 17 de novembro, ás 19.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura, con entrada libre e de balde até completar o aforo. A conferencia xirará en torno aos “Buratos negros”.
Profesor de física teórica na Universidade de Santiago e investigador do Instituto Galego de Física e altas enerxías, José Edelstein é autor de numerosos artigos científicos e de libros de identificación cientítica. Amais, é co-autor, xunto con Andrés Gomberoff, do libro “Einstein para perplejos” co que obtiveron o Premio Prismas 2019.
Trala conferencia de José Edelstein deste xoves, o ciclo Contando Ciencia continuará o 1 de decembro cunha charla de Sulay Tovar Carro, investigadora do Ramón y Cajal e do CIMUS, sobre o tema “Metabolismo, obesidade e outras cuestións”.
Contando Ciencia é un programa que botou andar o curso pasado e que afronta agora a súa segunda edición co obxectivo de seguir achegando a ciencia á poboación en xeral.