O enxeñeiro Emilio Menéndez Pérez reflexionará sobre a enerxía desde un punto de vista histórico nun acto que terá lugar o mércores 16, ás 20 horas na Biblioteca Central Rialeda.
Desde a situación actual de Galicia como exportadora de enerxía eléctrica, realizará unha revisión do sistema enerxético galego, principalmente nos séculos XX e XXI, tanto en esquemas de xeración como na participación de empresas, locais primeiro e logo de fóra, coa incidencia ambiental e social derivada do anterior.
Emilio Menéndez Pérez é doutor Enxeñeiro de Minas. Foi Subdirector de I+D de Endesa e Profesor Honorario de Universidade.