A concelleira de Economía e Facenda destacou “os pasos históricos que se están dando para a mellora da xestión municipal, para a solución dos cráteres de xestión que deixaron os gobernos do PP e de CA, ben por acción ou por omisión”.
Marta Abal espuxo as consecuencias inmediatas de regularización que se está levando a cabo: “Seremos mais eficientes na xestión municipal. En lugar de entrar mais de 500- 600 facturas ao ano entrarán 60, isto é 5 contratos por 12 facturas anuais. E garantiremos a calidade dos servizos públicos, e as condicións laborais das traballadoras e traballadores dos servizos”.
O alcalde, Sánchez Bugallo, presidiu o plenoO pleno do Concello de Santiago, presidido polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo e reunido en sesión extraordinaria, deu luz verde por unanimidade ao punto tres, unha aprobación de crédito extraordinario por importe de 300.000 euros destinados a unha subvención á empresa Sionlla Biotech, SL., para a execución do Centro de Servizos Innovadores para empresas biotecnolóxicas.
Esta axuda permitirá adecuar á infraestrutura do equipamento adecuado que permita un uso colaborativo das instalacións dotándoas de sistemas de seguridade axeitados ao nivel que van a precisar as empresas usuarias; mellorar a súa eficiencia enerxetica e asegurar un nivel de subministro enerxético que garanta unha axeitada conservación dos activos de empresas; e o uso óptimo das tecnoloxías da comunicación.
Tamén se aprobou por unanimidade o punto 2, tamén a proposta do Goberno Municipal, un expediente crédito extraordinario por importe de 53.409,45 euros, financiado con baixas por anulación, para aboamento de gastos de manutención e aloxamento de persoas refuxiadas ucraínas, como consecuencia da invasión rusa.
O punto número 4, a aprobación do expediente de crédito extraordinario por importe de 324.158,56 para gastos xerais do Concello tamén saiu adiante cos votos a favor do Grupo Socialista, e abstención do resto da oposicion. O rexedor explicou que 312.000 euros están destinados a pagos pendentes a grandes proveedores, uns 6.000 a comunidades, e uns 1.000 a comerciantes locais.
Defendeu este punto a concelleira de Economía, Facenda, Contratación, Pesoal e Modernización da Administración Local. Marta Abal reitero que “no me enorgullece o peche que vivimos no ano 2021 e as consecuencias do mesmo”, pero, sinalou “estou satisfeita dos pasos históricos que se están dando para a mellora da xestión municipal, para a solución dos cráteres de xestión que deixaron os gobernos do PP e de CA, ben por acción ou por omisión”
Marta Abal incidiu en que “este goberno municipal herdou unha administración local con verdadeiros cráteres de xestión. E os gobernos do partido popular e de Compostela aberta foron protagonistas activos desta desfeita, ben por acción ben por omisión”. Reitero tamén que “este goberno está a dar importantes avances en materia de xestión e de renovación estrutural cuxos efectos serán inmediatos, e como lles dixen nun contexto pouco favorable, porque como saben o urxente, coa irrupación da pandemia, obrigounos a deixar nun segundo plano o importante”.
A concelleira sinalou que “o goberno do PP entrou no ano 2011 no concello de Santiago como un elefante nunha cacharrería, destruíndo as cousa que funcionaban (entre outras EMUVISSA); e adoptando medidas organizativas absolutamente nefastas para os intereses municipais, como a descentralización da xestión do gasto, dividíndoo en mais de 40 centros xestores. Porquantes de descentralizar, hai que analizar qué prestacións son susceptibles de facelo e qué medidas tecnolóxicas e técnicas deben adoptarse previamente”.
“E non fixeron nada disto”, continuou, “o resultado desta decisón: ter servizos e prestacións sen contratos. O preocupante é que esta medida adoptárona no último ano de mandato, cando se supón que xa coñecían dabondo o funcionamento do concello”.
En canto ó goberno de Compostela Aberta, engadiu, “non fixo nada para arranxar a desfeita deixada polo grupo popular. Obviaron vostedes todos os problemas de xestión herdados do PP e gobernaron solo cara á galería, con medidas claramente antieconómicas e absolutamente contrarias aos principios da boa xestión pública. Un bo exemplo desa deixadez, señora Rozas, foi a súa concellaría. Vostede era a concelleira delegada de Economía e Facenda, Persoal e Réxime Interno, Contratación e Arquivo. Dígame vostede unha soa medida que adoptaran para mellorar a xestión no seu ámbito competencial”, preguntou. “Nada”, continuou, “absolutamente nada, e créame que había e hai traballo dabondo. A continuación, a concelleira lembrou que o goberno de Sánchez Bugallo herdou cinco grandes contratos en precario.
A continuación, Marta Abal espuxo as consecuencias inmediatas de regularización que se está levando a cabo: “Seremos mais eficientes na xestión municipal. En lugar de entrar mais de 500- 600 facturas ao ano entrarán 60, isto é 5 contratos por 12 facturas anuais. Garantiremos a calidade dos servizos públicos. Para que o entenda cun exemplo práctico… Garantiremos que os ascensores dos colexios ou de triacastela teñan un axeitado mantemento preventivo e correctivo, evitando calquera desgraza ou simplemente garantindo o seu correcto funcionamento. O garantiremos que os equipos contra incendios, de todas as instalacións municipais, o que inclúo os dos colexios, funcionen. E por último, e non menos importante. Garantiremos as condicións laborais das traballadoras e traballadores dos servizos. Porque a garantía de ditos dereitos comeza pola regularización das prestacións”, porque, recordou, Compostela Aberta “non foi quen de facelo”.
Tamén saiu adiante o último punto, a a aprobación do expediente de suplemento de crédito por importe de 827.633,16 euros para transporte urbano e metropolitano, financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do exercicio 2021. O Grupo Socialista votou a favor, e os demais grupos abstivéronse. O alcalde rematou a quenda de intervencións sinalando que “o pleno debería servir “para achegar solucións e non solo para facer demagoxías. Cando queira, facemos as contas das débedas do pasado”. E engadiu, “empece a sumar: empresa Xade, a non actualización das tarifas da auga, a non actualización das tarifas do mercado de gando, ou por exemplo, todo o acontecido coa grúa e coa ORA, e todo iso suman uns sete millóns de euros, aproximadamente”.
Explicou ademais, que en canto ao transporte urbano, “están abonando todas as mensualidades cos anticipos a conta, incluida a liña de Lavacolla. Estanse abonando uns 380.000 euros mensuais de anticipo. O que é certo é que non temos dotación suficiente para cubrir a mensualidade de novembro e de Nadal, que aínda non se presentaron. Mentras non se presente a factura é imposible que as debamos”, engadiu.