O vindeiro domingo 20 de novembro, ás 12:00 horas, o auditorio da Fábrica acollerá o Manual para deitarse e durmir, de Caxoto, para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Neste espectáculo Caxoto regresa aOs intres antes de deitarse e convérteos nunha función de contos chea de aventuras, misterios sen resolver, visitas inesperadas,…
As familias interesadas en acudir xa poden apuntarse na web municipal. Está actividade forma parte do programa Apego. As persoas inscritas neste programa terán preferencia para inscribirse durante os dous primeiros días.
INSCRICIÓNS: https://forms.gle/6zWCveTCSWQuBDF49