Friday 22 de November de 2024

Medio cento de afeccionados aos cogolemos seleccionaron arredor de 100 especies diferentes nas XXVIII Xornadas Micolóxicas de Touro


Arredor de medio cento de afeccionados aos cogomelos de Touro e chegados tamén de outros puntos da comarca de Santiago participaron onte domingo nas XVIII Xornadas Micolóxicas de Touro. A actividade, organizada polo Concello de Touro, comenzou arredor das 10.00 horas na Casa da Cultura. Alí concentráronse os interesados en participar na xornada, arredor de 50 persoas, maiores e pequenos. Foi o micólogo Jaime Blanco Dios o encargado de impartir una charla sobre o mundo dos cogomelos. Esa explicación foi eminentemente práctica e serviulle aos amantes dos fungos para sair ao campo na procura de cogolemos. Os afeccionados desprazáronse ata as parroquias de Fao e Novefones. Nos bosques do Concello de Touro, na beira do río Ulla, comenzaron as tarefas de recollida de cogomelos. Durante a mañá no caeu auga e lucíu o sol, así que todos poideron aproveitar ao máximo a xornada micolóxica, que conta con incondicionais que todos os anos se achegan ata Touro. Os participantes toparon moitas variedades de cogumelos e fungos, arredor de 100 especies diferentes, e o micólogo foi o que sobre o terreo aconselleaba e explicaba as características de cada un dos achádegos. X apola tarde os participantes acudiron á Casa da Cultura para clasificar e identificar as diferentes especies.