Friday 22 de November de 2024

A EGAP convoca un curso sobre medidas para previr a comisión de delitos no ámbito administrativo


O prazo para inscribirse estará aberto desde maña ata o vindeiro 9 de outubro de 2015, e as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícu¬la da web da EGAP: https://egap.xunta.es/matricula

O Diario Oficial de Galicia convoca na súa edición de hoxe o curso sobre medidas para previr a comisión de delitos no ámbito administrativo, dirixido a empregados públicos con tarefas de dirección.

O curso ten coma obxectivo principal servir de base para desenvolver medi¬das para previr a existencia de delitos no ámbito da Administración pública autonómica. Con esta finalidade, preténdese dar a coñecer as novidades esenciais da recente reforma operada pola Lei orgánica 1/2015, do 30 de marzo, pola que se reforma o Código penal, e á vez o estado actual das vías para previr e perseguir a delincuencia no marco dunha xurisprudencia evolutiva.

Entre os temas a tratar, están os Delitos contra a Administración pública. A prevaricación administrativa; a xestión de fondos públicos; a contratación pública; o delito de suborno; as relacións dentro da Administración; a relación da Administración cos cidadáns; a investigación dos delitos; a cooperación da Administración cos xulgados, tribunais e fiscalías, e o tratamento informativo das causas de corrupción.

O curso está dirixido preferentemente aos empregados públicos da Administración xeral da Xunta de Galicia e entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan encomendadas tarefas de dirección ou coordinación de órganos e/ou unidades administrativas. Terá lugar na sede da Escola Galega de Administración Pública os vindeiros 13,20 e 27 de outubro en xornada de tarde.

O prazo para inscribirse estará aberto desde maña ata o vindeiro 9 de outubro de 2015, e as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícu¬la da web da EGAP: https://egap.xunta.es/matricula/