As persoas interesadas no servizo poden solicitar cita previa a través da web www.sycitv.com ou teléfono 902 30 90 00
O Concello de Neda informa de que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas visitará o municipio o 13 de decembro, onde ofrecerá o servizo no estacionamento disuasorio do Roxal, en horario de 9 a 13,30 h e de 15:15 a 18 h.
Así, os propietarios deste tipo de vehículos que desexen acceder ao mesmo poden xa solicitar cita previa a través da páxina web www.sycitv.com ou o teléfono 902 30 90 00.