Saturday 16 de November de 2024

Xornada sobre autocoidados dirixido a persoas coidadoras


Terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello o xoves 17 de novembro

A área de igualdade do Concello de Cabanas, en colaboración coa Fundación Mujeres, organiza a xornada “Coidar sen descoidarse”, un encontro de mulleres coidadoras que versará sobre a importancia dos coidados e autocoidados, ademais da corresponsabilidade familiar.

Na charla abordaranse cuestións como a feminización do coidado, a socialización diferencial, as consecuencias de coidar (a nivel económico, social, de saúde física e emocional), así como a importancia de escoitar ao propio corpo e mente cando se precisa un descanso. Da man do autocoidado, tamén se falará da importancia da corresponsabilidade familiar e social para aumentar o benestar da persoa coidada, da coidadora e do seu entorno.

A xornada terá lugar o xoves, 17 de novembro, no Salón de Plenos da Casa do Concello en horario de 11 a 13 horas. As persoas interesadas poden inscribirse no correo igualdade@cabanas.gal ou chamando ao 687 143 771.