― Sanidade adopta esta decisión tras realizar unha pilotaxe na área sanitaria da Coruña e Cee, na que se demostrou que o envió directo dos kits -sen invitación previa por correo-, consegue uns mellores resultados de participación
― Coa nova metodoloxía, Sanidade prevé incrementar en 12.000 persoas o número de participantes, e detectar preto de 50 casos máis de cancro colorrectal ao ano
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade vén de acordar modificar a estratexia do Programa de Detección Precoz de Cancro Colorrectal, tras confirmar por medio dunha pilotaxe, e un estudo comparativo, a posibilidade de incrementar a súa taxa de participación até en 12.000 participantes.
A Xunta optimizará en toda Galicia a súa estratexia de cribado de cancro colorrectal co obxectivo de incrementar a participación, e tamén detectar un maior número de casos
Ata o de agora, o Sanidade enviaba por correo ordinario unha invitación á poboación diana deste programa, convidándoo a participar no mesmo. No caso de que o usuario aceptase participar, enviábaselle ao domicilio un kit para realizar a toma de mostra. Mediante este procedemento leváronse a cabo un total de 1.300.000 invitacións válidas dende o inicio do programa, das que entregaron o test algo máis de 423.000 (32’6% en rolda inicial).
Neste senso, tras poñer recentemente en marcha unha pilotaxe na área sanitaria da Coruña e Cee, Sanidade detectou que se pode acadar un incremento de 12.000 participantes ao ano, se se procede a enviar directamente os kits de toma de mostra á poboación diana (sen previa invitación por correo). Ademais, este estudo comparativo revelou que o devandito incremento de participación, permitiría detectar ao redor de 50 casos máis de cancro ao ano.
Na procura de mellorar o número de participante Sanidade realizou un estudo comparativo entre esta estratexia tradicional e a nova pilotaxe implementada na área sanitaria da Coruña e Cee.
A análise comparou os dous sistemas empregados e, por unha banda, desprendeu que no espazo de tempo comprendido entre o meses de xaneiro e outubro de 2021, se acadou unha taxa de participación no cribado do 23,75 %, mediante o emprego da metodoloxía tradicional.
Pola súa banda, o estratexia piloto levada a cabo entre o 1 de novembro do ano 2021 e o 30 de xuño do ano 2022 na área sanitaria da Coruña e Cee, e na que se procedía ao envío directo dos test aos domicilio -sen invitación previa por correo-, acadou unha participación en rolda inicial do 33,9 %.
Este cambio de estratexia será unha vantaxe a futuro, dado que permite incrementar a participación en roldas iniciais e, por ende, a detección de máis casos. Ao mesmo tempo, permitirá reducir os custes derivados dos posibles casos de cancro colorrectal que se detectarían fóra do programa de cribado (sintomáticos).