• As obras contarán cun orzamento de 49.764,86 euros.
O Concello das Somozas mellorará o edificio do Centro de Ocio Infantil Municipal, nunhas obras que contarán cun orzamento de 49.764,86 euros.
Como traballos previos, terá lugar a excavación de zanxas para as novas cimentacións ata unha profundidade de 2 metros e con medios mecánicos. Demolerase o pavimento exterior, o pavimento de formigón sen deteriorar os elementos construtivos contiguos e tamén o muro de fábrica de ladrillo cerámico.
Realizarase unha solera de formigón en masa de 10 centímetros de espesor, un murete de 20 centímetros de espesor, un muro de contención de terras de superficie plana mediante formigón armado, de ata 3 metros de altura e unha base de pavimento realizada con zahorra natural e compactada.
Actuarase tamén na pérgola do edificio, instalando unha baixante circular de PVC con óxido de titanio para a recollida de augas; un canalón trapecial de PVC con óxido de titanio; o subministro e montaxe da cobertura de faldóns cunha pendente maior ao 10% con placas translúcidas; a colocación de baldosas cerámicas de gres rústico; a aplicación manual de dúas mans de pintura plástica de cor branca e dúas mans de esmalte de poliuretano de cor branca en acabado brillante.
Sumaranse novos equipamentos, como un novo pasamáns de 50 milímetros de diámetro suxeito ao paramento existente e dúas novas barandas de aceiro inoxidable.
O alcalde, Juan Alonso Tembrás, sinala que as melloras “exteriores no edificio suporán un incremento substancial na habitabilidade do mesmo, onde se desenvolven actividades para a rapazada, fundamental tanto para elas e eles como para as súas familias”.