Alternativa esixirá os informes que avalan que o Concello de Cambre ceda a súa edificabilidade no ámbito das naves de Malasa.
Alternativa xa se opuxo en febreiro do 2020 a que o goberno de Unión por Cambre aprobara unha recalificación dun solo industrial en urbano no Temple, motivado por un convenio de maís de 20 anos, sen esperar a facelo co Plan Xeral. Dita modificación incrementa volume e altura respecto ao convenio inicial e agora cédese o 10% da edificabilidade que lle corresponde ao Concello por ley en dito ámbito supostamente para “minimizar a débeda”.
Alternativa non se explica porque en Cambre o urbanismo non é igual para todos os veciños e veciñas, non hai máis que preguntar a algúns concelleiros ou a familiares do Señor Patiño.