Durante esta semana, a rapazada achegouse a novas tecnoloxías de programación e simulación, e puxo a proba os coñecementos adquiridos a través de varios desafíos de dificultade progresiva
O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, subliñou o compromiso do Goberno de Inés Rey para reforzar a súa aposta polos plans municipais de formación en ciencia e investigación
O Centro Sociocultural Ágora acolleu este venres o acto de entrega dos premios ás alumnas e alumnos gañadores dos concursos promovidos no contexto dos programas municipais de formación en Robótica e Drons, que impulsa a Concellaría de Educación.
Máis de 800 alumnos galegos de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional tomaron parte nesta duodécima edición do obradoiro ‘A maxia da robótica’, plantexado co obxectivo de formar á rapazada nos fundamentos da robótica e a programación, en robots Lego EV3, a través de Labview, o estándar en control do sector.
Ademais, as mozas e mozos participantes, que traballaron en grupos, tiveron a oportunidade de competir nun concurso orientado a poñer a proba os coñecementos adquiridos no obradoiro, dunha serie de desafíos de dificultade progresiva.
No programa formativo de Robótica tomaron parte alumnas e alumnos de diversos centros educativos da cidade e a área metropolitana: os IES Monelos, IES Monte das Moas, IES Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís, IES Agra do Orzán, IES Rafael Dieste e o ColexioPlurilingüe Franciscanos, da Coruña; así como o IES Concepción Arenal, ubicado en Ferrol.
Tras a proceso de puntuación en base á resolución de desafíos plantexados no concurso, os centros educativos gañadores no XIII Concurso Galego de Robótica resultaron ser o IES Agra do Orzán, o IES As Telleiras (Narón) e o IES Santo Tomé de Freixeiro (Vigo).
● Categoría de 1º a 3º de ESO: IES As Telleiras (Narón); grupo formado por Lara Torrente Varela, Cloe Hermida Soto, Cristina López Mandín, José Rafael Fuentes Quillarque e Naiala Pérez Soto, con Manuel Francisco Couceiro Martínez como mestre.
● Categoría de 4º de ESO, Bacharelato e FP de grao medio: IES Santo Tomé de Freixeiro (Vigo); grupo formado por Ricardo Vidal González, Daniela Blanco Gago, Alba Núñez Mosquera, Alexis Barreiro Vila e Tiago Vecino Maure, con Luisa Alonso Costoya como mestra.
● Categoría de mellor centro educativo da Coruña: IES Agra do Orzán; grupo formado por Nacho Canosa Gómez, Iria González Lestón, Ainhoa Espiñeira López, Sabela Fiaño García, con María José Martínez Rey como mestra.
A formación para o manexo de drons
En paralelo, tamén se premiou ao alumnado participante no concurso de formación en Drons que se levou a cabo esta semana, entre o mércores 9 e xoves 10, na Universidade Laboral de Culleredo e o IES Menéndez Pidal, na Coruña.
Este concurso, promovido pola Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) co apoio do Concello, dirixiuse tamén ao estudantado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional plantexado como unha actividade complementaria ao módulo de formación en Robótica.
Neste sentido, e baixo un formato de talleres de formación e familiarización no manexo de drones, implicáronse alumnas e alumnos dos IES Agra do Orzán, IES Rafael Dieste, IES Monelos, IES Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís e os Colexio Plurilingüe Franciscanos e Montespiño, da Coruña; así como do IES Fin do Camiño, de Fisterra (A Coruña); IES de Brión (A Coruña); os IES Pedro Floriani e IES Gonzalo Torrente Ballester, de Redondela (Pontevedra); IES Santo Tomé de Freixeiro, de Vigo (Pontevedra); e CPI Virxe da Saleta, en Cea (Ourense).
No contexto do certame, a rapazada tivo a ocasión de achegarse ás novas tecnoloxías presentes no sector, así como ao manexo, simulación e programación coa aplicación Droneblocks.
Os centros educativos gañadores do II Concurso de Drons foron os seguintes:
● Categoría de 1º a 3º de ESO: Colexio Montespiño; grupo formado por Irene Calvo Zabala, Carolina Pendás Pereira e Esther Alonso Fernández, con Cristina Coence Antelo como mestra.
● Categoría de 4º de ESO, Bacharelato e FP: IES Torrente Ballester (Pontevedra); grupo formado por Angel Rey Ceres, María Argibay Pastoriza e Pablo Álvarez Méndez, con Elena Vázquez García como mestra.
● Categoría de mellor centro educativo da Coruña: IES Menéndez Pidal; grupo formado por Javier De La Cruz Cobas e José Francesch Valiño, con Paz Freire Campo como mestra.
O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, JesúsCelemín, dou a noraboa aos centros educativos gañadores e, en extensión, a todo o alumnado participante, “polo enxeño e imaxinación amosados”. “Programas formativos como o de Robótica e Drons, ademais de achegar á mocidade á ciencia, investigación e novas tecnoloxías, tamén contribúen a fomentar o traballo colectivo na busca de solucións.
É dicir, teñen unha transcendencia social en termos de valores”, explicou. Ademais,Celemín reafirmou o compromiso do Goberno de Inés Rey para reforzar a aposta polos plans municipais de formación en ciencia e investigación, “sectores fundamentais para garantir avances na sociedade do futuro”.