Thursday 21 de November de 2024

Os mozos da Mociradio levan a radio en directo ao IES María Casares, polo centenario da actriz


Con motivo da conmemoración do centenario do nacemento de María Casares, os mozos a mozas de Oleiros gravaron o programa Mociradio en directo no IES María Casares. Esta é unha das numerosas actividades xuvenís desenvolvidas polo Concello desde as Casas da mocidade.

O programa dividiuse en dúas partes. Na primeira hora, a programación centrouse na figura da actriz homenaxeada e contou coa participación do profesor Fernando Doménech e coa asistencia do alumnado de 4º da ESO. Na segunda, os comentaristas da Mociradio, algúns deles antigos alumnos do IES María Casares, falaron do centro e contaron nesa segunda hora coa participación do alumnado de 1º de Bacharelato e de FP básica.