Un grupo de quince escolares de sexto curso de educación Infantil do CPR Jorge Juan, desprazouse esta mañá ao Concello con motivo das actividades proxectadas a través do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, que inclúe un apartado de Coñecemento do Concello a través Itinerarios didácticos na Casa Consistorial . Os menores, acompañados por persoal docente do citado centro de ensino, visitaron varias dependencias municipais da Casa Consistorial e reuníronse coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos.
Os escolares ocuparon os asientos dos membros da corporación local no salón de plenos e formuláronlle á rexedora local diversas cuestións relacionadas co seu traballo como alcaldesa da cidade y plantexáronlle varias cuestións.
As rapazas e rapaces asistiron á proxección no salón de plenos do vídeo “Nara de Narón”, cunha explicación sobre a historia da cidade e as súas parroquias e antes de abandoar o Concello, fotografiaronse coa alcaldesa, que lles fixo entrega duns agasallos, e tamén no photocall “Ti es a abella Nara”. Un explorador e unha abella de Narón, de nome “Nara”, acompañaron aos escolares durante a visita que se realiza de xeito teatralizado.
As visitas deste programa continuarán desenvolvéndose en diversas datas deste mes de novembro con alumnado do CEIP A Solaina e CEIP Virxe do Mar.