Friday 22 de November de 2024

Os Grupos Municipais de Terra Galega. Partido Popular, PSdeG-PSOE e BNG que conforman a Corporación do Concello de Narón queren amosar o seu total apoio aos veciños e veciñas da Praza do Asilo


Os Grupos Municipais de Terra Galega. Partido Popular, PSdeG-PSOE e BNG que conforman a Corporación do Concello de Narón queren amosar o seu total apoio aos veciños e veciñas da Praza do Asilo, en Piñeiros, ameazados de desafiuzamento pola SAREB tras seren vítimas de alugueiros fraudulentos.

A comunicación última remitida aos inquilinos é absolutamente inaceptable, primeiro por incluír afirmacións total e absolutamente falsas, es especial no que se refire á falta de colaboración por parte dos arrendatarios. É mentira que existan intentos de solución amigable, xa que dificilmente se pode considerar un intento de conciliación a recepción dun aviso de desafiuzamento. A SAREB conta con participación do Goberno do Estado e por iso desde a administración máis próxima reclamamos que se chegue a unha solución para estas persoas inquilinas.

Solicitamos, así mesmo, que dende a SAREB se teña en conta que os afectados non son os culpables desta situación polo que se deben tomar medidas que sexan razoables e satisfactorias para as dúas partes, consistentes nun acordo de novo alugueiro cun prezo axustado aos contratos fraudulentos dos que foron vítimas estes inquilinos, que de ningún xeito se deben ver abocados a quedar na rúa por unha situación da que non son responsables.