• A actividade pretende para fomentar a relación entre veciños nos días previos ás festas de nadal
• O prazo para inscribirse finaliza o próximo 30 de novembro
O Concello de Ortigueira, tras o parón pola pandemia, recupera a celebración da actividade “Xanelas do Nadal”, para fomentar a relación entre veciños nos días previos ás festas de nadal.
A actividade consiste en decorar as xanelas da propia casa. Cando a estas tóquelles iluminarse convídase os veciños e veciñas a compartir unha bebida e algo de picar – na medida das súas posibilidades-.
As xanelas iríanse alumando por números, ata completar o calendario de advento no mes de decembro ata noiteboa.
Para inscribirse e poder participar no programa, as persoas interesadas poden mandar un correo á dirección de correo electrónico ortigueiracultura@gmail.com, ou ben chamar ao número de teléfono 981.400.000.
Tamén é posible que una mesma comunidade de veciños póñase de acordo para participar conxuntamente.
O prazo para inscribirse finaliza o vindeiro mércores 30 de novembro.
Desde o Concello de Ortigueira animan a participar a todos os veciños do municipio, dando luz e cor á entrada do nadal deste ano 2022.