A noite do xoves ao venres, a partir das 23:00 horas, está prevista a finalización dos traballos de pavimentación da avenida Che Guevara. Debido ás choivas non puideron realizarse antes.
Realizarase a pavimentación dos ramais de saída da glorieta de Santa Cristina cara á ponte da Pasaxe, prevéndose a execución independente de cada un dos dous carrís, de modo que o tráfico poida ser desviado alternativamente polo carril no que non se traballe nese momento. Os desvíos estarán debidamente sinalizados mediante operarios, conos e sinais de obra.
Unha vez finalizados os traballos de pavimentación procederase, tamén en horario nocturno, ao repintado da totalidade da sinalización viaria horizontal da avenida, entre a ponte da Pasaxe e Santa Cruz.