O Concello da Pobra do Caramiñal aposta pola loita contra o abandono e o maltrato animal, no cal a educación, información e sensibilización da cidadanía ten un papel significativo. Nesta liña, a Administración local conta cun protocolo de actuación ante a localización dun animal extraviado na rúa, tal e como lembra a Concellaría do Benestar Animal, da cal é titular a edil Estefanía Ramos (Nós Pobra).
As persoas que se atopen cunha situación desta índole deberán telefonar á Policía local ou á Protección Civil para a identificación do animal. Lémbrase que a colocación do chip é unha obriga legal que garante o retorno da mascota ao seu fogar.
Tamén se alude aos beneficios da esterilización como medida de control da natalidade, ademais de redundar positivamente na saúde física e psicolóxica do animal.
Outro dos servizos dos cales se dispón é o de adopción a través da Protectora Moura. As persoas interesadas poden contactar co 604030396.