Datas: Do 10 de novembro ao 10 de decembro no Pazo da Cultura
Obxectivos do programa:
– Concentrar unha oferta musical na que están representados diferentes estilos, principalmente folk e popular, coral, clásica, pop ou outros xéneros.
– Chegar ao maior número de público posible ofertando actividades para todas as idades.
Programa:
– Oferta para todos os públicos e idades, tamén para os nenos/as cun concerto teatral En familia
– Entrada libre e gratuíta ata completar aforo a todos os eventos, (a excepción de algúns concertos que non organiza o Concello directamente)
– Programa musical que se complementa con outras ofertas culturais como exposicións e presentación de libros.
Este mes da música está organizado conxuntamente polo Concello de Carballo, e agrupacións vinculadas ao Concello como a Banda de Música e a Big Band do Conservatorio, e a colaboración na programación de Novembro con Música da Asociación Cultural San Campio de Cances, do Casino 1889 e Instituto de Estudos Bergantiñáns.
Tamén colabora neste programa a Deputación da Coruña.
DESCRICIÓN DO PROGRAMA
MÚSICA POP-ROCK
Venres 11 novembro | 21.00 h | XVI LIVE IN CANCES
Entrada libre ata completar aforo
Local social de Cances
Un clásico que ten lugar nesta parroquia carballesa e que van pola súa XVI Edicición. Live in Cances é un referente na música pop-rock dos grupos locais afeccionados. Un evento que organiza a Asociación cultural San Campio de Cances e co que colabora o Concello de Carballo.
Nesta ocasión participarán dous grupos Mi futura ex-mujer e Doctor Snob
Sábado 12 novembro | 22.30 h | LA FÁBRICA DE ESPEJOS
Sábado 26 novembro | 22.30 h | DOCTOR SNOB
CASINO 1889
Venta de entradas no Casino
Aforo limitado
—————————————————————————————
MÚSICA FOLK
Venres 18 novembro | 21.00h | FAIA
Pazo da Cultura
FAIA presenta unha evolución do seu primeiro disco. Os ritmos e melodías tradicionais buscan outros camiños a través da voz, movéndose entre o íntimo, o que se di e o que se silencia. Aberta cara o experimental, a música atopa eco noutras disciplinas e dialoga nunha dimensión máis plástica. Como unha constante no seu traballo, a muller volve ser a protagonista, portadora dunha identidade rica, xenuína e diversa
Colabora: Deputación da Coruña
Rubén Otero: 666 653 835
MÚSICA TRADICIONAL
Sábado 19 novembro | 21.00 h | SONS DE AQUÍ
Entrada libre ata completar aforo
Pazo da Cultura
Retomamos a actividade de SOns de Aquí coa participación de grupos de asociacións de Carballo, coa vontade de gozar de pezas tradicionais da man de A. C. Nemeth, A. C. e X. Arume de Verdillo, Escola do Alprende de Oza, A. C. S. Campio de Cances e Coro Aires de Bergantiños
—————————————————————————————
MÚSICA CORAL
Sábado 26 novembro | 20.00 h | FESTIVAL SANTA CECILIA
Entrada libre ata completar aforo
Pazo da Cultura
A Coral de Bergantiños retoma a súa activiade de celebración de Santa Cecilia acompañada de dúas corais: Coral Polifónica de Mera e a Coral Polifónica Estradense.
——————————————————————————————–
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA
Entrada libre ata completar aforo
Pazo da Cultura
A presenza dos alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Música de carballo non podería faltar á cita de Novembro con Música. Nesta ocasión, con dous concertos, o e o da Big Band do Conservatorio o venres 25 de novembro ás 20.00h e a Banda Municipal do Conservatorio de Carballo, o venres 2 de decembro ás 20.00 h,
——————————————————————————————–
MÚSICA DE AUTOR
Venres 25 novembro | 21.00 h |
ANTÍA MUÍÑO
Biblioteca Rego da Balsa
A artista Antía Muíño presenta o seu disco, tras ser premiada como artista emerxente nos Premios Martín Códax. Este concerto está organizado pola Asociación Cultual Lumieira e as entradas poderán adquirirse nas librerías de Carballo.
——————————————————————————————–
E, ADEMAIS…
Teremos outras actividades
DOCUMENTAL
Xoves 24 novembro | 20.00 h | SEMENTE DE BERRAR
Documental musical
Biblioteca Rego da Balsa
Entrada libre ata completar aforo
CICLO MESTRE MATEO
continúa este ciclo con tres películas:
Xoves 10
Malencolía
Película protagonizada por Melania Cruz, Xúlio Abonjo, Iolanda Muiños, Diego Anido, Ledicia Sola, Ricardo de Barreiro, Marta Lado, X.A. Touriñán, Tito Asorey, entre outros.
Xoves 17
Tres
Película protagonizada por Marta Nieto, Miki Esparbé, Luisa Merelas, Cristina Iglesias, Fran Lareu, entre outros.
Xoves 1 de decembro
Jacinto
Película protagonizada por Pedro Brandariz, Anxela Baltar, Corinna Rautenberg, Miro Magariños, entre outros.
Biblioteca Rego da Balsa/ 20.00h
Entrada libre ata completar aforo
Organiza: Academia Galega do Audiovisual
PRESENTACIÓNS LIBROS
Venres 11 | 19.30 h I PRESENTACIÓN LIBRO CANCIONEIRO DE BUÑO DE DOLORES CANCELA PÉREZ,
coa participación de Xosé Manuel Varela e Antonio Fernández
Biblioteca Rego da Balsa
Entrada libre ata completar aforo
Venres 25 | 20.30 h I PRESENTACIÓN LIBRO AUSENTES DE AFONSO EIRÉ
Casino 1889
Entrada libre ata completar aforo
Organiza: Instituto Estudos Bergantiñáns
TEATRO AFECCIONADO
Sábado 10 | 20.30h I AULA DE TEATRO MUNICIPAL
PEQUENAS ESCENAS
Entrada libre ata completar aforo
Pazo da Cultura
EXPOSICIÓN
Ata o 27 de novembro
EXPOSICIÓN MÚLTIPLE: A ARTE DE PICASSO A BARCELÓ
3º Andar
Organiza: Xacobeo 21-22 e Afundación-Obra Social Abanca
INFO:
Todos os concertos e as actividades organizadas de Novembro con Música polo Concello de Carballo, son de entrada libre e gratuíta, ata completar aforo