Saturday 16 de November de 2024

Información sobre a circulación na Pobra con motivo do II Rallye Ribeira-Ría de Arousa


A Concellaría da Seguridade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular o edil José Andrés Lojo (Nós Pobra), informa da adopción dunha serie de medidas co gallo do II Rallye Ribeira-Ría de Arousa no 12 de novembro ao seu paso pola localidade. En horario de 12.30 a 20.00 horas permanecerá cortada a AC-302 no tramo que vai da rotonda do polígono industrial da Tomada dirección Moldes. A alternativa máis próxima de comunicación co Hospital do Barbanza e inmediacións é a través da AG-11.

Tamén permanecerá inhabilitada a incorporación ao municipio pola autovía á altura de Cadreche. A entrada e saída ao campo de fútbol farase a través da estrada do Freixo. O acceso a Santo Isidro realizarase pola Ponte Barbanza.

Ademais, quedan illados os núcleos de poboación das Taras, San Paio e Pumadiño.

A maiores, das 08.00 horas en diante ata que remate o rallye tampouco se poderá facer uso da matade da explanada portuaria detrás da EEI Fernández Varela.