Friday 22 de November de 2024

O Centro Sociocomunitario de Caión acollerá a exposición “Mar de Ardora” da fotoperiodista Ana García


A mostra poderase visitar ata o 30 de novembro, de luns a venres de 17:00 a 20:00 h.

Mar de Ardora é o termo co que se denomina o fenómeno que provoca que a auga do mar brille na escuridade. Este espectáculo natural dáse en zonas específicas do océano e baixo unhas condicións moi concretas.

A fotoperiodista Ana García vén documentando desde o ano 2020 a beleza deste fenómeno na Costa da Morte, traballo que ofrece ao público na exposición itinerante Mar de Ardora que este venres ás 20:00 horas será inaugurada no centro sociocomunitario de Caión coa presenza da propia autora.

A mostra consta de 16 fotografías nas que se pode contemplar a bioluminiscencia do Mar de Ardora cunha combinación doutros fenómenos como o ariglow (luminiscencia nocturna) e a chuvia de estrelas, entre outros.

A exposición Mar de Ardora de Ana García poderase visitar ata o 30 de novembro, de luns a venres, en horario de 17:00 a 20:00 horas, con acceso gratuíto.