Friday 22 de November de 2024

Ábrese o prazo para descargar os “Bonos Corazón Compostela”


O BOP da provincia da Coruña publica hoxe as bases da convocatoria de concesión das axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería local “Bonos Corazón Compostela 2022”; aos que o Concello de Santiago destina 1.250.000 euros. As personas interesadas poden descargalos desde hoxe, 8 de novembro, ata o 10 de decembro de 2022, ambos inclusive, salvo esgotamento previo do seu saldo. No caso dos establecementos que desexen adherirse ao programa teñen de prazo desde hoxe ata o 30 de novembro.

A finalidade do programa de “Bonos Corazón Compostela” é doble. Por unha banda incentivar a demanda axudando economicamente ás persoas consumidoras, así como fomentar o consumo no comercio e hostalería de Santiago. E por outra, impulsar e fortalecer o sector comercial retallista e hostaleiro do municipio; dinamizar a actividade económica promovendo as compras de bens e servizos; e reducir o impacto económico da crise que afecta ao sector.

Destacar tamén que as persoas que merquen no comercio local poden solicitar, nos distintos establecementos, os seus bonos de aparcamento de balde.

Persoas consumidoras
A entrega e distribución dos fondos das axudas farase a través de Abanca, a entidade colaboradora seleccionada. Establécense tres modalidades de bonos, de 75, 50 e 30 euros, todos con IVE incluido. Todos están cofinanciados nun 40% polo Concello de Santiago e nun 60% pola persoa solicitante.

Cada persoa poderá solicitar e obter ata tres bonos, podendo escoller libremente entre calquera das tres modalidades de bonos dispoñibles, ou máis dun bono da mesma modalidade. Para a solicitude e obtención dos bonos, cada persoa usuaria deberá darse de alta na web https://www.bonoscorazoncompostela.gal, indicando a información requerida: nome e apellidos, localidade, DNI, contacto, etc.)

O bono terá a consideración de “bono desconto” para as compras e consumos realizados nos establecementos adheridos. O importe irase reducindo ata o seu esgotamento, podendo imputarse a un ou varios actos de compra ou consumo.

O período de validez dos bonos será desde hoxe, día da publicación das bases no BOP, ata o 10 de decembro de 2022, ambos inclusive, salvo esgotamento previo do seu saldo. Rematado o período de validez, o bono non trocado caducará. A caducidade do bono leva consigo a perda da totalidade do saldo remanente non consumido, sen poder instar a súa devolución.

Establecementos
Os establecementos que desexen adherirse ao programa “Bonos Corazón Compostela deberán rexistrarse a través da web
https://www.bonoscorazoncompostela.gal, aportando os datos solicitados (nome, CIF, enderezo, contacto, etc.). A persoa autónoma ou PEME poderá adherir a máis de un establecemento comercial ou hostaleiro dos que sexa titular, sempre que se atopen en locais de negocio distintos. O prazo para adherirse ao programa abrirase o día da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e manterase aberto ata o 30 de novembro de 2022.

Bonos CorazónBonos Corazón

No ano 2021 lanzouse por primeira vez no Concello de Santiago o programa de Bonos Corazón Compostela, dirixido a comercio e hostalería de todo o municipio, cunha dotación de 600.000 euros e cuxos datos amosaron un resultado excepcional: 15.304 usuarios, 21.489 bonos descargados e 1.484.513,57 euros en compras, a través do programa, realizadas nos establecementos adheridos.

No primeiro semestre do ano 2022 lanzáronse campañas puntuais de novos Bonos Corazón. No primeiro trimestre convocáronse os Bonos Corazón Concheiros; e no segundo trimestre convocáronse os Bonos Corazón Praza de Abastos. Ámbalas dúas campañas tiveron moi boa acollida, esgotándos os bonos dispoñiblen en dez días os primeiros e tres semanas os segundos e executándose a práctica totalidade do orzamentos previsto.

Respecto a anualidade 2021, este ano plantéxase unha convocatoria máis ampla dos “Bonos Corazón Compostela” respecto á tipoloxía de establecementos comerciais que se poden adherir, ao contemplar tamén o sector da alimentación; contando, ademais, cun orzamento de 1.250.000 euros, que duplica ao do ano pasado.