Saturday 16 de November de 2024

O Concello selecciona as imaxes do calendario municipal do 2023


O xurado, composto por fotoxornalistas e membros da corporación, valorou a calidade das instantáneas presentadas e a variedade de espazos e recursos empregados

O Concello da Coruña seleccionou este luns as 13 imaxes que formarán parte do calendario municipal do 2023. O xurado reuniuse para analizar as diferentes propostas achegadas durante as últimas semanas.

Este concurso está, como cada ano, aberto á participación cidadana e as fotografías deben tomarse no termo municipal da Coruña. Nas imaxes é necesario destacar o patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico da cidade. O xurado tivo en conta a calidade técnica e a orixinalidade da imaxe.

O xurado estivo formado polos fotoxornalistas César Quián, Víctor Echave e Pedro Puig.
Tamén estivo integrado por Andy Pérez, responsable de fotografía do Concello, a alcaldesa, Inés Rey, e os membros da corporación María García, Roberto Coira e Avia Veira. Xunto ás 13 imaxes seleccionadas (12 para os meses do ano e unha para a portada), o almanaque completarase con fotografías históricas da cidade para cada un dos meses do ano.

Os autores das imaxes gañadoras e que formarán parte do calendario municipal son as seguintes:
● Portada: Ignacio Sierra Vázquez
● Xaneiro: Daniel Candal Álvarez
● Febreiro: Sindo Novoa Álvarez
● Marzo: Carlos Briones Bioslada
● Abril: Camino Ventura Martínez
● Maio: Víctor Hermida Valeiro
● Xuño: José Luis García Mendoza
● Xullo: Ignacio Fernández Fernández
● Agosto: Pablo Briones Bioslada

● Setembro: Soraya Sampedro Bores
● Outubro: Juan Pablo Ameneiro González
● Novembro: David García Villaverde
● Decembro: Eduardo Mosqueira Rey
As persoas gañadoras recibirán un libro de fotografía e un ano de acceso gratuíto aos Museos Científicos Coruñeses para dúas persoas.