Friday 22 de November de 2024

As Somozas organiza unha viaxe a Portugal para este sábado, 12 de novembro


• O prazo para anotarse estará aberto ata este xoves, 10 de novembro, ás 13 horas e as persoas interesadas poden facelo no Centro Cívico.

• Visitarase Vilanova de Cerveira, facendo parada na Fortaleza.

O Concello das Somozas organiza unha viaxe a Portugal para este sábado, 12 de novembro, que terá como destino Vilanova de Cerveira, facendo ademais parada na Fortaleza.

O prazo para anotarse estará aberto ata este xoves, 10 de novembro, ás 13 horas e as persoas interesadas poden facelo no Centro Cívico. A saída está prevista para o sábado 12 de novembro ás 8 horas e o regreso será ás 18 horas do mesmo día.

O prezo por persoa é de 24 euros para empadroados e de 32 euros para non empadroados. Esta taxa inclúe a comida no restaurante pero aquelas persoas que non a queiran teñen que comunicalo no momento da inscrición e o importe será descontado do prezo da viaxe.

Desde o Concello animan aos veciños e veciñas das Somozas a que “se sumen a esta saída, na que ademais de desfrutar de Vilanova e da Fortaleza poderán aproveitar tamén para facer algunhas compras de Nadal”.