O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Talía Teatro presenta a obra de teatro Morte accidental dun anarquista, dirixida por Cándido Pazó, coa interpretación de Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey e Marta Ríos. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio.
Morte accidental dun anarquista é un sainete político que por desgraza, cincuenta anos despois de ser escrito, esta disparatada pero reflexiva comedia, segue achegando sons que, dun xeito máis ou menos directo ou metafórico, reverberan aínda nos muros da actualidade.
VENDA DE ENTRADAS: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/teatro/auditorio-gabriel-garcia-marquez/14763–morte-accidental-dun-anarquista-de-talia-teatro.html