O Real Decreto de Servidumes Acústicas, Mapa de Ruído e Plan de Acción do aeroporto de Alvedro aprobarase proximamente polo Consello de Ministros. Será nese momento cando as persoas propietarias afectadas poderán presentar as súas alegacións, tanto á pegada sonora como as expropiacións de vivendas que se verían incluídas nas zonas de ampliación do aeroporto.
Para facilitar a tramitación de alegacións a todos os veciños interesados, Alternativa dos Veciños facilitará un modelo tipo e convocará asembleas informativas para atender posibles dúbidas.
Alternativa non está en contra do aeroporto de Alvedro, pero as limitacións que ten non se poden resolver eliminando o desenvolvemento dos concellos da comarca da Coruña.