A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a adxudicación de obras de pavimentación en varios viarios secundarios e interiores de distintas parroquias da zona rural, por un importe total de 270.244,47 euros. Son un total de tres contratos da concellaría de Medio Rural que dirixe José Manuel Pichel, financiados con cargo ao “Plan provincial de cooperación as Obras e Servizos de competencia municpal POS +” da Deputación da Coruña. Beneficiaránse destas actuacións un total de 7 parroquias: Verdía Marantes, A Gracia, Marrozos, Sabugueira, Villestro, Conxo e Aríns.
O contrato das “Obras de pavimentación de viarios secundarios en Verdía, Marantes, A Gracia, Marrozos, Sabugueira, Villestro, A Curuxeira e Aríns. Plan provincial de cooperación as obras e servizos de competencia municipal POS+ Adicional 2/2021 2ª fase, Deputación Provincial da Coruña” adxudicouse á empresa Eulogio Viña Obras y Construcciones SA, que presentou unha oferta económica, IVE engadido, de 117.992,47 euros. A máis destacada é a obra prevista en Aríns, que contempla o acondicionamiento do vial de acceso ao cemiterio, para que poida ser utilizado por autobuses. Inclúe tamén a construción dun apeadeiro, para que os viaxeiros se poidan apear con seguridade, sen molestar ao tránsito dos demais vehículos.
O contrato que ten por obxecto “Pavimenación rúa Elena Quiroga A Barca e A Braña de Silvouta (Villestro). Plan único de Concellos (POS+2021) – Deputación da Coruña” adxudicouse á empresa Explotaciones Gallegas, SL, cunha oferta económica de 53.832 euros. Contempla o asfaltado con aglomerado en quente de duos tramos: o que conecta a rúa de Muros co SUNP-25 Roxos-Quintáns, concretamente a rúa Elena Quiroga de Abarca; e un tramo do vial que une a rúa de Muros coa Braña de Silvouta, concretamente o primeiro, no que se atopan as vivendas.
E o contrato das “Obras de pavimentación viarios interiores en Carlexo e A Braña de Silvouta (Villestro) e San Xordo e a Sionlla (Sabugueira) Plan provincial de cooperación as obras e servizos de competencia municipal POS+Adicional 2/2021 1ª fase”, adxudicado á empresa Obras y Viales de Galicia SL, que presentou unha oferta económica de 98.420 euros IVE engadido. Realizarase en triple rego asfáltico. Contempla a continuación do tramo anterior, ata A Silvouta, e outros dous viais en Carlexo que conectan o núcleo rural co CP 7802.
No apartado de contratación tamén se adxudicou o contrato das “Obras de execución do proxecto “Medidas correctoras PAU Verónica Boquete – Fase I (Actuacións prioritarias)” á empresa 2000 Joscon Construcciones SL. por un importe total de 131.890 euros, ao ser a súa ofertas a máis vantaxosa das presentadas. Trátase de distintas actucións para mellorar a seguridade e accesibilidade que contemplan a substitución dos valados nas escaleiras por persianas, a redistribución das gradas, a implementación de prazas para persoas con mobilidade reducida así como a adaptación dos baños; a substitución dos pasamáns, e a instalación de asideiros nas gradas.
Adxudicouse ademais, o contrato das obras de reacondicionamento da Plataforma da Marquesiña de Xoán XXIII” á empresa Benelus-Natur SLU, que presentou unha oferta económica de 180.589,19 euros.
Acondicionamiento aparcamento do parque Eugenio Granell
Tamén se aprobou o expediente denominado “Obras de acondicionamento do aparcamento de servizo do parque Eugenio Granell”, así como a apertura do procedemento de adxudicación por un importe de licitación de 131.696,97 euros.
Este aparcamento presenta un firme moi irregular debido ás múltiples roturas e afundimentos do seu pavimento de “céspede armado”. Co obxecto de dotalo dun novo pavimento e mellorar a súa funcionalidade, o proxecto construtivo prevé a execución dun firme de formigón armado de tonalidade escura, de 16 cm de espesor, sobre 20 cm de balastro artificial para a súa correcta nivelación, nunha superficie total de 1.360 metros cadrados.
Ademais, para a reparación e mellora do acceso sur do parque prevese a extensión de 12 cm de pavimento terrizo estabilizado, sobre 15 cm de balastro artificial, nunha superficie total de 539 metros cadrados, previo baleirado do material existente.
Convenios
A Xunta de Goberno Local, tamén aprobou o texto do convenio e da concesión da subvención á Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque, por importe de 20.000 euros. Deuse conta ademais, do convenio de colaboración asinado entre o Concello e Mercado de Abastos de Santiago Sociedade Cooperativa Galega por un importe de 10.000 euros.
Tamén se deu conta da sinatura do “Convenio entre el Ministerio de Traballo e Economía Social, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de actividades no marco da Capitalidade da Economía Social para o ano 2022”, por 260.000 euros. 100.000 son aportados polo Ministerio, 60.000 polo Concello e o resto pola Xunta de Galicia.
Premios EducaCompostela
A Xunta de Goberno tamén tomou coñecemento do veredicto do xurado da XIV Edición dos Premios EducaCompostela 2022.
O primeiro, de 1.200 euros, foi para o traballo Boihaus, un proxecto de bioarquitectura para ensino secundario, presentado polo IES A Cachada de Boiro . O segundo premio, de 900 euros, recaeu na Coordinación de Igualdade do IES Rosalía de Castro de Santiago polo traballo “Mulleres de Compostela: tras os pasos das nosas pioneiras”, E o terceiro premio, cunha contía de 600 euros, acadouno o “Xogamos? Unha porta á imaxinación”, presentado por María Isabel González Piñeiro, do IES Afonso X O Sabio da Coruña.