Alternativa dos Veciños presentou esta mañá un escrito no Concello de Sada para comunicar oficialmente a expulsión do partido dos concelleiros María Nogareda e Breogán Blanco, que de ter un mínimo de dignidade deberían entregar as súas actas e dimitir. De xeito inmediato, deixan de pertencer ao grupo político municipal de Alternativa e pasarán a ter consideración de “non adscritos”.
Nogareda e Blanco convertéronse en tránsfugas ao promover unha moción de censura contra o Goberno do que forman parte. Aproveitándose do cargo ao que accederon en representación de Alternativa dos Veciños, están a participar nunha operación antidemocrática motivados pola ambición persoal de ostentar durante uns poucos meses a alcaldía.