Juan Fariña, voceiro de Alternativa en Bergondo, pide eliminar a cita previa no rexistro e o teletraballo no Concello para atender mellor as necesidades veciñais e burocráticas.
Os servizos municipais de Bergondo deben retomar a normalidade de inmediato, pois non é admisible que a estas alturas aínda se esixa a cita previa para atender ao público e se permita o teletraballo como práctica xeneralizada.
A pandemia xustificou por si mesma algunhas prácticas laborais excepcionais, pero cando a práctica totalidade das empresas e entidades recuperaron o ritmo e costumes anteriores a esa época excepcional, o concello debe facer o propio.
Así o expresou o concelleiro da Alternativa, Juan Fariña, nunha comunicación enviada á alcaldesa na que lle pide que se normalice a situación en todo o concello, tal como el fixo no departamento de urbanismo e medio ambiente, do que é responsable.