Monday 25 de November de 2024

Varias actuacións musicais para a mocidade amenizarán a noite do día 11 de novembro


O maratón de actividades de A Pobra Moza! achegará varias sesións musicais no 11 de novembro destinadas á xuventude, segundo explica o concelleiro da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra). O toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán acollerá as actuacións de Fuck Poseidón, Majora, Cokein e Sesión DJ, das 22.30 horas en diante.

Non se require a inscrición previa.

A programación continuará en vindeiras datas cuns obradoiros de cultura urbana e un dobre torneo deportivo.