Friday 22 de November de 2024

A Casa das Palmeiras de Neda acollerá este martes a presentación do libro “10 de marzo: un conflicto del movimiento obrero gallego por la democracia”


O acto, presidido polo alcalde, Ángel Alvariño, contará coas intervencións do histórico sindicalista e político Rafael Pillado e do coordinador da publicación, José Gómez Alén, catedrático e historiador

A Casa das Palmeiras acollerá este martes, 8 de novembro, a presentación do libro “10 de marzo: un conflicto del movimiento obrero gallego por la democracia”. Será a partir das 19:00 horas, e presidido polo alcalde, Ángel Alvariño, o acto contará coas intervencións de Rafael Pillado, histórico sindicalista e político, co-fundador das CCOO e do PCG, e José Gómez Alén, catedrático e historiador, coordinador da publicación.

A presentación do libro, que promoven as asociacións culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, inclúese na programación dos actos conmemorativos do cincuenta aniversario dos sucesos de marzo de 1972 na cidade naval. Unha programación que precisamente traía o pasado mes ao noso municipio a exposición “Rostros da Memoria”, unha homenaxe aos seus protagonistas a través dos retratos asinados por Xurxo Lobato.