Máis de 1.500 persoas asistiron á edición 33 da Feira do Mel, celebrada esta mañá en Perillo. O éxito de vendas foi tal que a maioría dos 36 apicultores participantes venderon toda a mel que traían para a feira.
A xornada estivo amenizada polo grupo folclórico Semente Nova de Perillo e a Banda da Escola Municipal de Música, que ofreceu un extraordinario concerto cun repertorio moi variado, dunha hora de duración.