Friday 22 de November de 2024

Continúa en Dorneda o proceso asembleario aberto para elixir as persoas da candidatura de Oleiros


O vindeiro xoves 10 de novembro, ás 20 horas, celébrase na Casa do pobo de Dorneda a segunda das 8 asembleas abertas para escoller ás persoas que formarán a candidatura de Alternativa nas próximas municipais. É un proceso totalmente democrático e aberto á participación de todos os veciños e veciñas.

Os veciños e veciñas de Dorneda terán posibilidade de elixir a tres persoas para incluír na candidatura. O pasado venres, na asemblea celebrada en Dexo, resultaron elixidos Rosa Méndez, actual concelleira de Parques e Xardíns, e Igor Pérez.