Friday 22 de November de 2024

Touro celebrou a súa XIV Festa da Castaña


Veciños de Touro e tamén forasteiros desfrutaron este fin de semana da XIV Festa da Castaña. Un numeroso grupo persoas achegouse onte sá, , a media mañá ata o posto instalado diante da sede do Concello de Touro para desfrutar do magosto e da degustación gratuita dos postres típicos do outono. Houbo castañas asadas, tartas, biscoito, pan con pasas e noces, queixo e todo tipo de bebidas para celebrar a XIV Festa da Castaña, organizada polo Concello de Touro. O día asollado animou aos presentes, pequenos e maiores, que tamén aproveitaron para dar un paseo pola feira do ‘Día 5 de Fonte Díaz’, facer algunhas compras e probar o polbo á feira, como xa é típico todos os días 5 de cada mes no Concello de Touro.