Saturday 16 de November de 2024

O son de 130 camións enche as rúas de Ortigueira na xornada de sábado da III Concentración de Camións


• Sairon en caravana ata Loiba para despois desfrutar dun xantar popular con 470 asistentes.

• Pola noite, como fin de festa, haberá unha verbena co grupo Pasión e a orquestra Charleston Big Band.

As rúas de Ortigueira encheronse esta mañá co son dos 130 camións que participan na III Concentración de Camións organizada polo Concello. A caravana saíu ás 12 horas desde a Alameda cun percorrido que os levou ata Cuiña e desde alí a Loiba para logo volver ao punto de encontro.

Na Alameda, ás 14:30 horas comezou a sesión vermú a cargo do grupo Pasión e ás 16 horas o xantar popular, con 470 persoas inscritas. Pola tarde haberá inchables gratis para os máis pequenos, sorteos e outras sorpresas e, como fin de festa, unha verbena co grupo Pasión e a orquestra Charleston Big Band.