Friday 22 de November de 2024

O Concello organiza catro saídas para o mes de novembro dentro seu programa de andainas


• Serán de 10 a 14 horas e recoméndase levar calzado cómodo, auga e algo de comer.

• A primeira será mañá, sábado 5 de novembro, de Espasantea. Pena Furada.

O Concello de Ortigueira organiza catro saídas para o mes de novembro dentro do seu programa de andainas. Serán todas de 10 a 14 horas e recoméndase ás persoas asistentes que leven calzado cómodo, auga e algo de comer.

A primeira será mañá, sábado 5 de novembro, de Espasante a Pena Furada. Son 12 quilómetros de lonxitude, cun desnivel acumulado de 340 metros. O lugar de saída é a estación FEVE de Ortigueira ás 10 horas e o aparcadoiro da praia de San Antón (Espasante) ás 10:30 horas.

A segunda está prevista para o día 12 de novembro, de San Carracedo a Mera. Conta cunha distancia de 11 quilómetros e 270 metros de desnivel acumulado. Haberá dúas opcións de saída: ás 10 horas da estación FEVE de Ortigueira e ás 10:30 horas do centro social de San Adrián.

A terceira será o 19 de novembro, a ruta do Río Sor (ponte colgante). O itinerario ten unha distancia de 14 quilómetros e un desnivel acumulado de 600 metros. Haberá unha saída ás 10 horas desde a estación FEVE de Ortigueira e outra ás 10:30 horas desde o aparcadoiro de O Galeón de Loiba.

A cuarta e última andaina será a ruta Montes de Couzadoiro o 26 de novembro, que conta cunha distancia de 12 quilómetros e un desnivel acumulado de 220 metros. As saídas serán ás 10 da estación FEVE de Ortigueira e ás 10:30 horas do aparcadoiro da Igrexa de Couzadoiro. Desde a organización avisan de que esta é unha ruta esixente.