Thursday 21 de November de 2024

A Casa das Palmeiras acollerá un faladoiro de saúde sobre a endometriose a cargo de Sara Iglesias, da asociación querENDO


Conta coa colaboración co Concello de Neda, e celebrarase o xoves 10 de novembro a partir das 19 horas, con entrada libre

A asociación querENDO, de mulleres afectadas de endometriose, promove en colaboración co Concello de Neda un faladoiro sobre esta doenza, a epidemia oculta. Celebrarase o xoves 10 de novembro na Casa das Palmeiras, a partir das 19:00 horas, con entrada libre e de balde, e correrá por conta de Sara Iglesias, muller afectada e membro da directiva da entidade.

Iglesias abordará síntomas e tratamentos da endometriose, unha enfermidade que afecta ás mulleres durante a súa vida reproductiva e que é máis frecuente do que nos supoñemos. Así mesmo, falará tamén de querENDO, unha asociación de ámbito galego xurdida en 2015 que busca contribuír á axuda física, psicolóxica, e educativa de todas as mulleres afectadas de endometriose e da súas familias, independentemente do grao ou estadío da súa doenza. Desenvolver todas as actividades socio-sanitarias que sexan necesarias para dar a coñecer a doenza, contribuíndo así a un diagnóstico precoz e evitando na medida do posible o deterioro da súa calidade de vida, son os seus fins principais.