Friday 22 de November de 2024

David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas volven a casa polo Nadal co espectáculo “Esfínter, o mellor espectáculo para pechar o ano”


Tras unha exitosa xira no ano 2021, os tres cómicos galegos volven á súa terra para despedir o ano co público galego. A primeira parada será no Teatro Colón da Coruña o vindeiro 9 de decembro

As entradas saíron á venda este venres, 4 de novembro, ás 11.00 horas, nos canais oficiais. O espectáculo ten previstas funcións tamén en Santiago de Compostela e Vigo

O Teatro Colón da Coruña acollerá o vindeiro 9 de decembro o espectáculo “Esfínter, o mellor espectáculo para pechar o ano”, formado por tres dos máis recoñecidos cómicos galegos do panorama nacional, David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas. As entradas están dispoñibles para a súa compra desde este venres, 4 de novembro, nos canais oficiais de venda.

Tras unha exitosa xira o ano pasado, coa totalidade das entradas vendidas e unha grande acollida por parte do público galego, volve unha vez máis ‘Esfínter, o mellor espectáculo para pechar o ano’. Os cómicos galegos David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas volven, como xa é tradición, a casa polo Nadal. A primeira función celebrarase no Teatro Colón da Coruña o 9 de decembro. Posteriormente, visitarán Santiago de Compostela e Vigo o 29 e 30 do mesmo mes respectivamente.

Case dúas horas de risas, bromas, improvisación e humor. Coa idea de repetir cada ano por estas datas, nace un espectáculo de monólogos, onde tres dos humoristas con máis traxectoria do noso país, contarán as peripecias que lles sucederon durante os últimos 12 meses.