Friday 22 de November de 2024

Inauguración da exposición “Meigas, sabias e mulleres boas” da ceramista Carme Romero


Data/hora: hoxe venres, 19:00h

Lugar: Galería da Casa do Concello de San Sadurniño

Desde hi uns días pode visitarse na Galería da Casa do Concello a exposición “Meigas, sabias e mulleres boas”, que permanecerá en San Sadurniño até o próximo 15 de decembro.

Trátase dunha colección coa que a ceramista fenesa Carme Romero reivindica o importante papel das meigas na sociedade galega. Meigas menciñeiras, sanadoras do corpo e do espírito; meigas conselleiras; meigas sabias, fortes e libres cuxa figura imprescindible, sobre todo no rural, bateu durante séculos co patriarcado e o poder eclesiástico, aos que máis recentemente se lle engadiu no imaxinario colectivo o estereotipo da bruxa malvada representado no cine e na literatura.

A mostra inaugúrase hoxe venres ás 19:00h nun acto aberto ao público conducido pola profesora Pilar Vázquez que tamén terá parte musical a cargo da guitarrista Iria Quintía e a zanfonista Candela Quintía.

A exposición está aberta nos horarios de atención ao público das oficinas municipais. Ademais, todos os venres a partir do 11 de novembro tamén se poderá visitar de 16:30 a 19:30h tendo á propia Carme Romero como guía de excepción para todas aquelas persoas que queiran achegarse á súa obra e á súa visión sobre as nosas meigas.