Con todas as prazas cubertas arrancaban onte á tarde as II Xornadas Micolóxicas do Concello de Neda. Uns 30 veciños e veciñas participaban no primeiro dos dous obradoiros previstos, nos que a Asociación Viriato ofrecía cumprida información sobre as diferentes variedades de cogomelos. Hoxe completarase a fase máis teórica cun segundo taller na casa da cultura, e mañá pola mañá realizaremos unha saída guiada polo cauce fluvial do Belelle para ver sobre o terreo o aprendido.