A Concellería de Deportes e Benestar Animal vén de lanzar unha campaña centrada na prevención do maltrato e do abandono animal. A través do lema “Non o abandones, non o maltrates. Rompes o seu corazón, rompes a túa familia” esta campaña fai fincapé na inclusión xurídica dos animais domésticos como “membros da familia”. A iniciativa foi presentada esta mañá en rolda de prensa pola concelleira de Benestar Animal, Esther Pedrosa, acompañada pola directora de produción de Xurdir, Noelia Francisco Lens.
A nova campaña do Concello de Santiago combinará mensaxes a pé de rúa con carteis, mupis e rotulación das liñas 5 e 6 dos autobuses urbanos de Santiago. Tamén forma parte da campaña un vídeo que será difundido en redes sociais, no que dez veciños e veciñas de Compostela, algúns deles rostros ben coñecidos, achegan o seu testemuño, poñendo en valor todo o que lle aportan as súas ‘mascotas’; dez razóns, en definitiva, para “romper co abandono e o maltrato” dos nosos animais de compañía.
Entre outras caras coñecidas, o vídeo conta coa colaboración das actrices Sabela Arán e Beatriz Serén, o presentador Juan Fuentes, o xogador do SD Compostela Álvaro Casas ou o xogador do Monbus Obradoiro Alejandro Suárez.
A campaña fai énfase na palabra “romper” a través da estética e dos distintos materiais cos que ilustra a súa mensaxe. Entre eles, a campaña escolle como símbolo un papel cun debuxo dunha familia que é rachado por unha nena, ao tempo que enuncia o lema: “Rompes o seu corazón. Rompes a túa familia”.
Direccións relac