· A veciñanza interesada aínda pode inscribirse ata completar os grupos, achegándose á Casa de Pedra, de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
O Concello de Camariñas retoma os Obradoiros de Memoria tras dous anos de parón por mor da pandemia da COVID-19. A veciñanza interesada aínda pode inscribirse ata completar os grupos, achegándose á Casa de Pedra, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres e presentando o Documento Nacional de Identidade.
Hoxe desenvolverase a actividade na Casa do Alemán, en Camelle, onde se darán cita un total de 19 veciñas e veciños. En Camariñas será o vindeiro martes, día 8 de novembro, no Centro de Iniciativas Empresariais. En total, máis dunha trintena de persoas participan nesta iniciativa, que o Concello impulsa para estimular a memoria e tratar problemas de índole cognitiva.
Estes talleres terán unha asiduidade dun día á semana desde hoxe ata o vindeiro mes de abril. Desde o goberno local sinalan que “había moitas ganas de retomar unha das actividades máis importantes para os nosos maiores, xa que en idades avanzadas é imprescindible estar ben a nivel físico, pero conxugalo cun bo desenvolvemento no ámbito cognitivo”.