Saturday 16 de November de 2024

O Concello instalará este mércores en Albarón unha carpa informativa onde apuntarse á nova campaña de compostaxe doméstica


Permanecerá na zona entre as 10:00 e as 12:00 horas

O Concello de Neda instalará mañá mércores unha carpa informativa en Albarón para divulgar entre a veciñanza o programa de compostaxe doméstica municipal. Así mesmo, as persoas interesadas en sumarse poderán apuntarse na campaña. Permanecerá nas inmediacións do centro de saúde de 10:00 a 12:00 horas.

Inicialmente esta segunda fase da iniciativa está ideada para a participación de 20 vivendas pertencentes preferentemente á zona rural, que recibirán de forma totalmente gratuíta os materiais necesarios para a elaboración de compost. Así mesmo, e tamén a partir de mañá mércores, a inscrición no programa tamén poderá formalizarse na casa consistorial, de forma presencial ou telefónica.

O Concello de Neda leva a cabo este proxecto en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU-.