· A modificación da ordenanza levará a un pleno extraordinario a próxima semana co obxectivo de que o cambio poida entrar en vigor para o ano 2023.
· Esta actualización das tarifas estaba parada desde o ano 2015 debido aos contenciosos abertos coa empresa, que xa se han resolvido.
· Ademais, modifícase o texto para incluír na tarifa das acometidas de saneamento o custo correspondente ao pozo, @teniendo en cuenta os realizados nos últimos anos.
O Concello de Bergondo levará a próxima semana a un pleno extraordinario a proposta de modificación da ordenanza reguladora da taxa de saneamento, abastecemento e depuración. A finalidade principal desta revisión é poder aplicar ás citadas taxas o IPC acumulado de setembro do 2015 a setembro de 2022 (17,7%) e cumprir así o tipificado no contrato coa concesionaria do servizo.
Esta actualización retrospectiva do IPC aplícase agora xa que estaba parada desde o ano 2015 debido aos contenciosos xudiciais abertos coa empresa concesionaria, que xa se han resolvido.
As novas tarifas, que entrarán en vigor a partir de xaneiro do ano 2023, tamén incluirán, no apartado das acometidas de saneamento, o custo correspondente ao pozo, @teniendo en cuenta para isto os realizados nos últimos anos, de tal maneira que non haxa discriminación con respecto á viabilidade na situación dos pozos nos proxectos municipais e todos os usuarios paguen o mesmo pola citada acometida.