Friday 22 de November de 2024

Cariño acolle un curso gratuíto en competencias dixitais para mulleres


• Terá lugar o xoves 3 de novembro ás 19 horas no local social.

O Concello de Cariño acolle este xoves, 3 de novembro, un curso gratuíto en competencias dixitais para mulleres. Terá lugar no local social da casa do concello ás 19 horas e os requisitos para participar son: ser muller e estar en situación de desemprego ou rexistrada como demandante de mellora de emprego.
Nesta xornada formativa as asistentes recibirán formación en competencias dixitais e, ademais, levarán unha Tablet de agasallo. Para máis información as interesadas poden consultar en www.mullerdixital.gal, escribir a promor4@mullerdixital.gal ou chamar ao 621 183 747,

Muller Dixital é un programa financiado con fondos Next Generation da Unión Europea e promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.