Friday 22 de November de 2024

Os xardíns terroríficos desenvolveranse neste 31 de outubro na Pobra


Debido ao mal tempo da xornada do día 29 de outubro, foi preciso adia-los xardíns terroríficos ao abeiro da programación do Samaín. A Concellaría da Mocidade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular o edil José Andrés Lojo (Nós Pobra), informa de que esta proposta dirixida á xuventude maior de 12 anos se desenvolverá finalmente neste día 31, a partir das 19.30 horas.

A alameda estará ambientada para a ocasión con actores e actrices que representarán distintos personaxes de medo, música, iluminación e decorados.

Non se require a inscrición previa.