Thursday 21 de November de 2024

A Pobra prepárase para o Campionato Láser Tag dirixido á mocidade


A programación A Pobra Moza! continúa nesta semana co Campionato Láser Tag que se desenvolverá no 4 de novembro, a partir das 17.00 horas, nas inmediacións do parque do Castelo.

Trátase dunha proposta impulsada dende a Concellaría da Mocidade, da cal é titular o edil José Andrés Lojo (Nós Pobra), para así diversifica-lo ocio da xente nova maior de 12 anos. O maratón de actividades proseguirá nas vindeiras semanas.

Requírese a inscrición previa ata o día 2 de novembro a través da seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdr5UB5kyWpK7-_djIlLJ-y8-IxHTdx_2-fW_wp66YsruZa9A/viewform.