Neda celebrará esta semana a segunda edición das súas Xornadas Micolóxicas. Organizadas polo Concello en colaboración coa Asociación Viriato, desenvolveranse xoves e venres na casa da cultura, con obradoiros de carácter práctico dirixidos ao público interesado en coñecer as diferentes variedades de cogomelos, incidindo naquelas máis típicas e abundantes na nosa zona, e facendo especial fincapé na identificación das velenosas. O sábado, levarase a cabo unha saída polo cauce fluvial do Belelle para realizar unha observación en primeira persoa dos coñecementos adquiridos.
A inscrición, ata o 2 de novembro, está aberta na casa da cultura, de forma presencial ou no teléfono 981 39 02 33 de 9 a 13 e de 16 a 20 h