Friday 22 de November de 2024

Neda acollerá tres cursos gratuitos para a mellora das competencias dixitais dirixidos a mulleres


Incluídos no programa “Muller Rural”, presentaranse nunha xornada informativa na casa da cultura, onde se poderá formalizar a inscrición

O Concello de Neda acollerá unha serie de cursos en competencias dixitais dirixidos a mulleres desempregadas ou en situación demellora de emprego. De 40 horas de duración repartidas en 10 sesións, máis un módulo de formación para a igualdade, a participación é gratuíta, e todas aquelas
mulleres que completen os cursos recibirán unha tablet. De cara a formalizar inscricións, habilitouse o teléfono 621 183 747 e o correo promotor4@mullerdixital.gal Ademais, o vindeiro venres 11 de novembro, a casa da cultura acollerá ás 11:00 horas unha xornada de presentación do programa, na que se exporán as súas liñas mestras e se dará a posibilidade de anotarse. Iso si, é preciso acudir co DNI e o documento de demanda de emprego ou de mellora do emprego.

A programación do proxecto inclúe 3 cursos. Un de competencias básicas, outro de competencias avanzadas e un terceiro de competencias dixitais para o emprendemento. A participación ou ou noutro determinarase mediante a realización dun breve cuestionario.

O programa, denominado “Muller Rural 2022-2023”, está promovido pola Xunta a través da UTE Muller Dixital en toda a provincia, e conta con financiamento dos fondos europeos Next Generation no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Estado.