Friday 22 de November de 2024

A Xunta analiza posibles vías de colaboración en materia educativa coa máxima responsable de educación de Nova York


Alfonso Rueda mantivo unha xuntanza ca Chanceler de Educación da cidade de Nova York, Carmen Fariña, de orixe galego

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda acompañado do secretario xeral de Emigración Antonio Rodriguez Miranda mantivo unha reunión ca chanceler de Educación da cidade de Nova York, Carmen Fariña, de orixe galega, onde o vicepresidente amosoulle o orgullo de ter unha galega ao fronte dun cargo de esa relevancia na cidade neoiorquina.

Rueda e Fariña analizaron posibles vías de colaboracións que redunden na mellora de ambos sistemas educativos, co fin de construír un proxecto común de colaboración que sirva de ponte para ambas culturas, permitindo o coñecemento e aprendizaxe mutuo en diferentes niveis e ámbitos de cada un dos sistemas educativos.

Entre as propostas de colaboración das que falaron Rueda e Fariña, están o irmandamento entre centros educativos prestando especial atención ás Tics, o intercambio de estudantes, auxiliares de conversa e alumnado en practicas; e tamén a posta en marcha de accións dirixidas aos profesionais do sistema educativo, coma as licencias de formación, a colaboración institucional entre organismos encargados de la formación dos profesionais, colaboración na FP e en bibliotecas escolares, principalmente.

Carmen Fariña é a máxima responsable da educación na cidade de Nova York e capitanea un departamento do que dependen máis de 200.000 docentes, nunha cidade na que esta materia é altamente relevante, xa que máis do 84 por cento dos habitantes do estado, con máis de 25 años de idade, posúe diploma de graduado.